1 4

Death or Glory Collective

SEMENTE DE BERRAR (Documental Punk en Galiza DVD)

€10,00
Impuesto incluido.

Corenta anos de punk, DIY e contracultura galega contados polas persoas que os viviron.

Semente de berrar percorre a historia do punk e da contracultura en Galiza desde 1981 ata a actualidade a través de bandas, público, organizadoras de concertos, editoras de fanzines, tendas de discos e roupa e outras voces que construíron a escena desde abaixo. Un documental que non pretende contar a historia desde fóra, senón poñer o micrófono nas súas protagonistas.

Máis que un documental musical, é un retrato de catro décadas de autoxestión, inconformismo e cultura popular en Galicia. Un percorrido polo ruído, a rúa e todo o que medrou arredor deles.

Detalles

  • Documental en DVD (Digipack).
  • Inclúe libreto de amplo contido.
  • Con subtítulos.
  • Producido de maneira autoxestionada e colectiva.