A NOSA HISTORIA

Death or Glory é herdeiro e resultado de moitas correntes.
Bebemos de Graco Babeuf, de DADÁ, dos situacionistas e dos Clash.

Todo comezou con The Clash.
Con 12 anos escoitei Death or Glory e estoupoume a cabeza: punk, rabia e unha maneira nova de entender o mundo. Con 17 tatueime o símbolo de Black Flag e no estudo descubrín a tatuaxe tradicional. Anos despois, ao crear a miña propia marca, estaba claro: tiña que levar o nome da canción que o cambiou todo.

Nunca buscamos encaixar.
Buscamos romper.

✲ ✲ ✲

DOG é máis ca roupa, é un futuro compartido onde a creatividade e a rabia do underground se dan a man.

Isto non é máis ca o comezo.

O futuro non está escrito e nós queremos escribir o noso presente en MAIÚSCULAS.

Xulio.
Betanzos, Galiza. 2025.