CAMBIOS NO PEDIDO
Se cambias de opinión e queres cambiar a túa prenda por unha talla ou estilo diferente, non hai problema. Ponte en contacto connosco e axudarémosche co proceso. Non obstante, ten en conta que, neste caso, os custos de envío correrán da túa conta. Iso sí, axudarémosche a que sexa o máis accesible posible.
DEVOLUCIÓNS
Death or Glory acepta devolucións polo mesmo importe dentro dos 14 días naturais posteriores á recepción. O diñeiro reembolsarase do mesmo xeito que se realizou o pago. Só tes que enviarnos un correo electrónico e indicarémosche como proceder. Neste caso, os gastos de envío da devolución correrán a cargo do comprador.
Non obstante, para que aceptemos a súa devolución, deben cumprirse as seguintes condicións:
- Os produtos non deben ser usados nin danados de ningún xeito.
- Os produtos serán devoltos na súa embalaxe orixinal.
- Os produtos do mesmo pedido deben devolverse todos na mesma embalaxe.
Unha vez que recibamos o teu paquete, reembolsarémosche o prezo da compra en 15 días. Os gastos de envío non se reembolsarán baixo ningunha circunstancia.
